jueves, 18 de febrero de 2010

Historias de Cinema

Estase a falar en tódolos medios da Gala dos Premios Goya,teño que dicir que é a primeira vez que a vexo enteira e gustoume moito.
Foi un triunfo do cine galego,non só do noso maravilloso Luis Tosar,senón de Galiza,reivindicando que aquí fanse cousas,e cousas moi voas.
À marxe do glamour da gala,fíxome recordar que o cine son Historias: comedia,drama,acción....
Creo que o cinema serve para psar un bo rato,para facernos pensar,para emocionarnos ou simplemente vernos reflexados en miles de historias.
Historias que nos fan esquece-la nosa ,que nos consolan ou nos recordan que todo pode cambiar,tamén serve para consolarnos porque sempre hay alguén con algunha historia máis dura ou máis triste ca nosa.
Ó cinema é unha válvula de escape para vivir outras vidas,outras paixóns... outras historias.
A min encántame ocinema porque me encantan as historias,e polo tanto só me queda añadir:
Viva o Cinema

martes, 2 de febrero de 2010

A MEDIA XOUBA...

O que foi avispado ollou que neste novo blogue falaron xa as tres xoubas. Vintxuca daba a benvida, Pachinha recordaba anos pasados e relatos esquencidos e Mela laricaba a cerca das decisións que temos que tomar na vida. Pero... algún de vos reparou na media xouba?
Pois aquí estou eu, non mido nin medio palmo, o meu corazón bombea a
110, 140 latidos por minuto en descanso, estou chea de pelo, e fungo e ronroneo con moita facilidade, pero tamén teño cousas que contar. Hoxe mentras peinaba os bigotes, teño que dicir que son ben presumida, decateime de que algo raro estaba a pasar. A miña casa leva días chea de caixas de todas as formas e tamaños. Mela non deixa de vir con bolsas cheas de periódicos e as conversas telefónicas de Vintxuca con Pachinha son cada vez máis longas. Escoito todo o día a palabra "mudanza" nas miñas orellas laranxas e branquiñas, non sei o que significa pero aquí hai "gato encerrado". Sardiña será... pero cheira a parrocho!!!!