martes, 2 de febrero de 2010

A MEDIA XOUBA...

O que foi avispado ollou que neste novo blogue falaron xa as tres xoubas. Vintxuca daba a benvida, Pachinha recordaba anos pasados e relatos esquencidos e Mela laricaba a cerca das decisións que temos que tomar na vida. Pero... algún de vos reparou na media xouba?
Pois aquí estou eu, non mido nin medio palmo, o meu corazón bombea a
110, 140 latidos por minuto en descanso, estou chea de pelo, e fungo e ronroneo con moita facilidade, pero tamén teño cousas que contar. Hoxe mentras peinaba os bigotes, teño que dicir que son ben presumida, decateime de que algo raro estaba a pasar. A miña casa leva días chea de caixas de todas as formas e tamaños. Mela non deixa de vir con bolsas cheas de periódicos e as conversas telefónicas de Vintxuca con Pachinha son cada vez máis longas. Escoito todo o día a palabra "mudanza" nas miñas orellas laranxas e branquiñas, non sei o que significa pero aquí hai "gato encerrado". Sardiña será... pero cheira a parrocho!!!!

5 comentarios:

  1. Que sorte tes! Notar que algo vai pasar e non ter que procuparte máis do debido. Que sorte poder vivir sen ter que tomar decisións importantes e sobre todo ter os mimiños das tres xoubas.

    "Cheira a parrocho!!!"...

    ResponderEliminar
  2. Excelente y reflexivo texto,
    un placer pasar por tu casa
    que tengas una feliz semana
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Que boa entrada!
    Esta media xouba case vale por unha enteira, pero que aguda que é.
    Un bicomiau!

    ResponderEliminar
  4. jajaja fíxome a rir a media xouba, cheiña de pelos!
    :-)

    ResponderEliminar