miércoles, 20 de enero de 2010

Sen nome dende o seu nacemento...

Quero compartir con vós, un mini-texto que atopei hai uns meses entre os meus papeis de COU (choveu un pouco xa) e aínda que xa foi publicado noutra ciber páxina, quero que forme parte tamén da realidade xoubil.

O certo é que aproveito para explicar de forma breve, non vos preocupedes, que esta cousiña xurdiu nun intento infructífero de que se publicase nunha especie de "periódico de instituto". Aínda que non son pretenciosa en ningún aspecto, incluindo a miña calidade como "pseudo-escritora", o certo e que o meu resentimento se debeu a explicación absurda de por que non podían publicar o meu relatiño : era "moi forte". Si, nese momento procedeu una cara de "qué me estades contando" con levantamento de cellas incluido ("made in Pachinha" total). O asunto é que intentei que me contasen de forma un pouco máis extensa e comprensible ó que se referían, pero o único que logrei, foi que seguisen co mesmo conto e que buscaban algo "máis normal". ¡¡ Sistema represivo do nabo !!

Resultado: publicación da historia dun compañeiro, que sen que pensedes que é por envexa, teño que dicir era aburrido e sen chicha...Unha boa temática, iso si, pero pataqueiro total...Demagoxia a cascoporro e barata...non cunde, definitivamente.

E despois de toda esta verbada, deíxovos coa miña little creación. Sempre a presento coma unha "alegoría da morte" pero sempre tamén quero deixar claro que non sexa vista coma algo finalista e "cataclísmico"... É máis que a desaparición e a pasividade dun corpo inerte, abride a imaxinación...hai que mergullarse na idea da paz e inquietude que pode traer a liberación...Por iso quizáis, nunca lle puxen un título (acepto suxerencias).

Espero que vos guste.

"Sen saber por que deixaba de chorar, sen saber por que deixaba de rir, mirou cara atrás e sentiu o frío na súa mirada, sentiu o lume na súa cara, sentiu a rabia nas súas mans. Tampouco sabía por que marchaba sen dicir nada. Non sabía tampouco por que xa non a chamaba a berros. Deixábaa marchar coma quen xa non espera nada. unha bágoa agotada pola dor cubría a súa esperanza, a monotonía enredaba nos seus soños frustados. Non corría o risco de volver a sufrir, nin de sentirse engañado. Non hai dúbida de que chora outra vez. Está sufrindo como aquel día. Non sabe se está cansado ou simplemente é algo que vai pasar coma fixera ela ata entón, pasando do mesmo xeito que o fai o tempo, igual que unha treboada.

Non quere mirala ós ollos, non quere enfrentarse a ela. Non a entende, non entende por que ten que ser así se súpeto, sen apenas avisar e sen dar tempo a despedirse de...¿de quen? Non o sabe. Retorce os seus pensamentos e xira nun círculo vicioso de descontroladas ansias e incoherentes desexos.

Cobre o seu rostro con tristura, con dor, con incomprensión. Xorde esa idea de novo. Agora está máis preto, agora xa case a toca. Outra vez, xa está aquí de novo e volve co seu impertinente tintineo, non o deixa respirar, non o deixa seguir. E volta ese delirio tolo sa súa frustrada esperanza. Non quere volver mirarlle ós ollos. É provocadora, altanera e orgullosa. Impón a súa sintonía, o seu aroma. De novo xorde o embrollo de pensamentos. Outra vez enreda na súa dor e no seu caos. Non quere deizar que volva, pero non pode. Ela domina a situación, goberna a vontade da súa mente, das súas mans...Non cre que poida sobrepoñerse. Non cre que poida fuxir das súas gadoupas, dos seus ollares, dos seus agrios alentos...Dóelle cada vez máis, ainda que quizáis xa non lle doa tanto. incluso parece sentirse un pouco mási aliviado que antes. Incluso lle inspira un pouco de simpatía. Sabe que no fondo non é tan agria, tan áspera, polo menos para el. Realmente ela sempre estivo aí con el neste último tempo. Sempre facéndolle sombra. Ata parecía unha especie de compañeira inseparable. É certo que antes non lle agradaba, pero agora parece ata gustarlle.

Pero volve a sacudirse do frío, volve a axitarse coa dor, volve o medo, non moi lóxico para el. Quere incorporarse da angustia que lle produce...¿qué? Outra vez pensa o mesmo. Estremécese de novo, agora sacúdese con mási forza. Agora pódense escoita-los pasos dela. Agora faise máis forte a súa presencia. Agora vaise afogando mási nas súas propias verbas que piden unha explicación xa retórica. Agora cre que xa non quere fuxir, ou quizáis si, pero ten medo do que fará ela. É de verdade caprichosa e consentida. Nunca tivera boas intencións. Nunca tiña pensado levalo con ela polas boas. Nunca
planeara unha viaxe paradisíaca para os dous. Ela só quería telo consigo para dominalo e sometelo ós seus desexos.

Pouco a pouco ela ía aproximando as súas mans. Pouco a pouco reoubáballe o alento, coas súas esperanzas, cos seus soños, coas súas vivenzas, coas súas ilusións, coas súas miradas...Non conseguiu fuxir esta vez. Dende logo sí que é absurda. Avisouno pero sabía que esas palabras só intensificarían a angustia de esa parada final. Unha parada quizáis no infinto, noutra dimensión.


Agora xa hai unha alma máis na eternidade, un novo "¿por qué?", un novo "¿onde?", un novo "¿e agora qué?". Para el xa non os hai ou quizáis si, non o saben. Quizáis agora sabe se o vacío dos seus soños e do seu camiño ían desaparecer no tempo, se hai respostas,se hai ilusións máis alá das estrelas e máis alá do que as palabras alcanzan a expresar.

E mentres cada un segue tecendo fantasías e cosendo camiños, aínda se poden senti-los suspiros etéreos e vibrantes daqueles que andan polo ceo reconstruindo as historias de quen non pode soñar."





Unha aperta e media,
Pachinha.








6 comentarios:

  1. Pachinha non deixas de sorprenderme....moito me aleda que saques á luz velhos tesouros... dis que non lhe fixeron caso ó teu relato e publicaron o de outro e acompanhas as túas verbas co Grito de Munch...encántame!!!! sabes que nunha ocasión Munch quixo costearse a súa estancia en París e montou unha exposición en Berlín que foi clausurada por ser considerada "arte demente" jajajaa noto certas similitudes entre as vosas historias. Comentacho unha friki de este cuadro e do autor en xeral! Debe sre que eu ando medio trastornada tamén ultimamente. Aproveito para darche as grazas por estar sempre ó meu carón nos momentos bos e tamén nos que necesito berrar contra vento e marea.
    Un beijo enooooooooooooooooooorme!!!

    ResponderEliminar
  2. Pois eu gostei moito deste teu relato.
    A temática dende logo é un pouco espiñosa, pero está moi ben descrito, entran calofrios.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  3. Fermosa entrada, e benvido sexa este espazo no mundo das blogosfera autóctona. Polo tanto, debe ficar nas Xanelas da Fraga. Unha aperta!

    ResponderEliminar
  4. Atrévete. Ponlle por título "Ansiada desesperación".
    Se cando estabas en COU escribías cousas coma esta, gustaría eu de coñecer se agora escribes xa sobre o sexo dos anxiños ou derivaches cara outros derroteiros.

    Un bico e medio

    ResponderEliminar
  5. Vaia, de verdade, moitas grazas por teres un tempiño para ler o meu pseudo-relato :´) está ben macanudo que gustedes del, aínda que si, Bolboreteira, é un pouco pouquiño espiñoso :P (a tal hora teño que recoñecer que tiven sempre ese puntiño).

    Así dan ganiñas de seguir escribindo, que neste tempo parece que deixei un pouco de lado un bo costume...

    Tentarei vence-lo meu medo escénico e poder compartir con vós os meus pensamentos, dende os máis espiñeiros ata os máis brandiños, dende os máis falcatrueiros ata os máis revulqueiros...Así que, Chousa, quen sabe de que será a miña próxima xoubientrada ;) ?

    Vintxu, este cadro veume ó cabezolo según rematei de postea-lo relato, e demente, bueno, primeiro quería saber como se gradúa a tolemia e quen se encarga, hehehe, pero bendita sexa moitas veces !! (sabía eu que che gustaba miña rula).

    Ah, benvido, O Mouro e grazas porque estas Xoubas formen parte da túa Fraga.

    Apertas a esgalla para tod@s

    ResponderEliminar
  6. M'enkanta!!!!

    No sabía yo que escribía usted tan bien Doña Z.Ilustrísima.

    Ha sido un auténtico placer descubrirla a usted en esta faceta.

    No la deje nunca...

    A soñarrrrrrrrrrrrrrrrrrr!!!!!!!

    Mucho de xouba no tengo pero... m'adapto.;)

    ResponderEliminar